martes, 17 de junio de 2008

Fallece Esbjörn Svensson



Otra mala noticia sacude el mundo del jazz. Esta vez no se trata de una muerte d eun viejo mito sino de un músico en la plenitud de su carrera. A sus 44 años y tras haber dejado tras de sí una docena de discos con su mítico trio EST, el pianista sueco ha fallecido mientras practicaba buceo.

El que fue lider de uno de los trios más exitosos de los últimos años, se ha ido para pasar a formar parte de la historia por haberse convertido en un renovador del jazz, sirviéndose en su música tanto de la música clásica, como del rock, del pop o de la música electrónica. Y es que este trio no se ponía barreras a la hora de hacernos disfrutar con su visión de jazz global y moderno.

Siempre es triste perder a un gran músico, pero cuando se trata de uno tan joven y en plenas facultades es algo trágico ¿como se puede morir algo tan vivo?

lunes, 2 de junio de 2008

Entrevista a Víctor Prieto


Acaba de publicarse el tercer número de la revista Iniciativas 21 de la que formo parte del equipo de redacción y en este número hemos publicado una entrevista que ha realizado un servidor a uno de los músicos más importantes que tenemos en Galicia, aunque esté afincado en Nueva York: Víctor Prieto. Dejo aquí esta interesante charla con él.


Persistencia é o título do disco deste acordeonista ourensán afincado en Nova Iork e quizáis sexa esta a palabra que mellor o define, a él e á súa traxectoria.
Víctor Prieto comezou estudando música clásica en Ourense, pero pronto se enganchou ao jazz e a partires de ahí a súa traxectoria é un exemplo de loita e de xenialidade abrindo camiño nun estilo que sempre excluíu o instrumento que a él lle volvía tolo, o acordeón.
Marchou a Boston a estudar en Berklee, sendo o primeiro alumno que obtivo o título de acordeón de jazz e convetíndose nun auténtico revolucionario do seu instrumento desenvolvendo técnicas que permiten levar ao acordeón a onde ninguén o levara.
Agora é un músico moi solicitado e de recoñecido prestixio, ademáis de ser profesor de acordeón de jazz no prestixioso “Brooklyn Conservatory”. Garda no seu haber unha veintena de premios e o New York Post define a Víctor como un “xenio do acordeón”.

Iniciativas 21 - Comezaches a túa formación no conservatorio de Ourense tocando música clásica. ¿Como se produce o salto hacia o jazz?
Víctor Prieto - Prodúcese a través de Tino Veiga, que era o profesor da Rondalla de Mugares. Eu tiña sobre 12 anos e él introdúxome nos acordes do blues, do boogie boogie... e a partires de ahí comezei co jazz ata que fun á escola de Suso Atanes en Santiago, Estudio Escola de Música.

I21 - Despóis fuches a Berklee sendo o primeiro acordeonista en especializarse en “jazz performance”. ¿Como foi a experiencia de ser o único alumno de acordeón de jazz no páis que viu nacer esta música?
V.P. - A Berklee, en principio, fun como compositor de música de películas porque alí non se estuda acordeón de jazz xa que non é un instrumento demasiado popular en Estados Unidos.
Eu tiña concedida unha beca pero cando cheguei non me querían deixar entrar posto que alí non se estudaba o meu instrumento. Alí estaba outro galego, o batería Ramón Ángel Rey, quen me axudou moitísimo, ao igual que Suso Atanes, discutindo cos de admisión da Berklee para que me admitisen.

I21 - Ao non haber acordeón, alí estudiaches coa pianista Joanne Bracken. Posto que te viches obrigado a estudar con pianistas, ¿tes algunha relación especial co piano?
V.P. - A miña maneira de tocar está principalmente influída por pianistas e saxofonistas. Ademáis foi precisamente con Joanne con quen desenvolvín técnicas como a de aproximación de acorde en ambas mans.

I21 - ¿Cales son as túas principais influencias musicais?
V.P. - Keith Jarret, Wayne Shorter, John Coltrane, Richard Galliano, Astor Piazzola,... Galliano foi o primeiro acordeonista de jazz que escoitei e namoreime do que facía co instrumento polo que é unha influencia dende sempre. Aínda que neste momento o que eu estou facendo é algo completamente distinto do que él fai.

I21 - Cando chegaches a Nova Iork estiveches buscandote a vida durante un tempo traballando en lugares como o metro. Pero de repente prodúcese un salto e en pouco tempo convírteste nun músico moi solicitado ademáis dun cotizado profesor.
V.P. - Ir a Nova Iork é un salto moi grande xa que é unha cidade que te come vivo. En Boston estiven traballando nunha lavadería, aparcando coches...
Cando decidín ir a Nova Iork, os fins de semana ía a Boston a traballar de axudante de camareiro o cal é unha auténtica odisea. Pero en en Nova Iork non quería malgastar forzas buscando traballo así que me adicaba só a sair polas noites a tocar en jams sessions. Todo o diñeiro que gañaba o gastaba en pagar a renta e tocar polas noites. Aos 5 meses xa estaba tocando todas as noites en festas privadas, concertos, restaurantes e comezaron a chamarme para facer gravacións e a dar clases. Despóis xa todo foi costa arriba e ata coñecín á miña muller.
A verdade é que as cousas que me pasaron a min en cinco anos non son moi normais.

I21 - ¿Como é o panorama do jazz en Nova Iork?
V.P. - Aquí o jazz tradicional sempre está pero ao haber tantos músicos de tan distintas culturas atópaste con moitas fusións de jazz con outras músicas. É parecido ao que acontece co flamenco ou a música galega, que se mestura con moitos estilos.
Hoxe é moi complicado definir que é o jazz. Pódese dicir que é música improvisada ou música que nace do jazz e que ten esas raíces. Pero dentro disto podes facer calquer estilo ou mestura, e se funciona pois estupendo. O futuro e o presente da música é a fusión. O Be bop segue vivo e hai que estudialo, pero hoxe non podes estar tocando como se tocaba nos anos 40.

I21 – Estás revolucionando a maneira de tocar o acordeón, creando novos sons e técnicas para este instrumento. Cóntanos en que consiste a aproximación de acorde en ámbas mans.
V.P. - Consiste en mover un acorde ou policorde en calquer tipo de intervalo.
O que fago é que coa man dereita podo estar tocando, por exemplo unha tríada mentres coa man esquerda toco un acorde totalmente diferente e os dous xuntos forman un determinado acorde.
Ese tipo de acordes podes movelos da maneira que queiras, por cartas, quintas, séptimas e despois podes resolver de outra maneira e con isto consigues un tipo de son.
É unha ferramenta nova que permite abrir o acorde e conseguir un tipo de sonoridade que cando a escoitas, recoñeces que quen está tocando é Víctor Prieto.

I21 - Despois de ter tocado con xente como Paquito D´Rivera, Jeff Ballard, Chris Cheek, Diego Urquola... agora sacaches o teu primeiro traballo discográfico, “Persistencia”. ¿Pódese dicir que este disco resume todo o camiño andado?
V.P. - Sen dúbida. Este é un disco moi especial porque eu estaba buscando gravalo nos Estados Unidos e aquí é moi complicado que unha discográfica aposte por tí. Eu vexo “Persistencia” como un disco de Nova Iork e como un resumen da miña vida aquí.

I21 - Declaraches que é inevitable percibir na túa música a influencia de Galicia. ¿Esta influencia é quizáis nostálxica ou realmente se percibe na túa maneira de compoñer e de tocar?
V.P. - A nostalxia sempre vai a estar pero esta influencia está presente tanto na miña maneira de compoñer como de tocar. Hai frases que toco que as quitei da música galega aínda que este tocando swing. É algo que sae de xeito natural, que forma parte da miña propia linguaxe. Isto pasa moito con outro tipo de músicas como no caso de Galliano coa música francesa.
Creo que os galegos temos que estar moi orgullosos da nosa música porque é preciosa e ademais non a debemos infravalorar porque é tan interesante como calquera outra.

I21 – Obtiveches un grande prestixio e recoñecemento internacional. ¿Sénteste dalgún xeito esquecido na túa terra?
V.P. – A verdade é que teño tanto traballo que non penso niso aínda que é lóxico que a todo o mundo lle gusta que o recoñezan, e especialmente na súa terra.